Santaia de Probaos prepárase para tres días de festas na honra a Santa Eulalia

A parroquia de Santaia de Probaos xa se prepara para vivir un intenso programa festivo na honra a Santa Eulalia, que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de decembro. Música, tradición e gastronomía serán os grandes reclamos dunha celebración que contará con recinto cuberto con carpa para garantir o bo ambiente independemente do tempo.
As festas arrancarán o venres 5 cunha gran pulpada a partir das 20.00 horas, servida pola pulpería María e Luis. A partir das 22.00 horas terá lugar a primeira gran verbena, na que serán protagonistas as orquestras Fuego e Los Satélites, encargadas de animar a noite con repertorio para todos os públicos.
O sábado 6 será a quenda dos actos relixiosos e da sesión vermú. A xornada iniciarase cunha misa solemne ás 13.30 horas, tras a que está prevista unha sesión vermú amenizada polo grupo D'Vicio, que prolongará a festa durante boa parte do mediodía.
O domingo 7 repetirase o esquema: misa solemne ás 13.30 horas e nova sesión vermú. O fin de festa correrá a cargo do Dúo Dilema, que porá o broche musical a tres días de celebración ininterrompida en Santaia de Probaos.
As festas contan coa colaboración do Concello de Oza-Cesuras e dun amplo tecido de negocios e entidades da contorna, que se implican cada ano para manter viva unha cita moi agardada polos veciños e veciñas da parroquia e por numerosos visitantes doutras zonas da comarca.