Santa Minia 2025 en Vilasantar: xantar popular, verbenas e música coa Orquestra Casablanca e Dúo Eclipse

ACoruñaXa
A fin de semana do 4 e 5 de outubro chega con misa, sesións vermú e verbena
VILASANTAR en festas
3 Oct 2025

Vilasantar quenta motores para celebrar Santa Minia 2025 cun programa que mestura tradición e festa. O sábado 4 abrirase con misa ás 13.30 e despois sesión vermú a cargo da Orquestra Casablanca. Ao mediodía serviráse o xantar popular por 26 euros con menú de callos, churrasco, postre, café e chupitos. Para reservar praza é preciso anotarse no Bar O Castiñeiro ou no Bar Lodeiro. Pola tarde actuará Dani Pardo ás 18.30 e xa de noite chegará a gran verbena ás 22.30 coa Orquestra Casablanca.

O domingo 5 continuará o ambiente festivo con misa ás 13.00 e unha nova sesión vermú amenizada polo Dúo Eclipse. A organización convida a veciñanza e visitantes a gozar dun fin de semana con música en directo, baile e bo ambiente arredor da festa patronal.

⚙ Configurar cookies
0.10105180740356