Santa Cruz, na localidade de Oleiros, celebra a súa Festa da Patria Galega o domingo 27
ACoruñaXa
A Asociacion de Veciños de Santaia, en Santa Cruz, e en colaboración co Concello de Oleiros e a Deputación da Coruña, celebra o sábado 27 de xullo a Festa da Patria Galega.
Cartel
24 Xul 2024
A Asociacion de Veciños de Santaia, en Santa Cruz, e en colaboración co Concello de Oleiros e a Deputación da Coruña, celebra o sábado 27 de xullo a Festa da Patria Galega. Terá lugar na praza de Esther Pita.
O programa dará comezo ás 19.00 cun pasarrúas desde a praza do Muíño ata o lugar onde se celebra a festa. Haberá actuacións do Grupo de Baile e Gaitas Santaia, o Rancho Folclórico S. Pedro de Rates e o Grupo de Baile C.C. A Ponte Vella.
Ás 21.00 horas, Dj Ayman Prosound, será o encargado do peche da festa.