Santa Cruz encherase de música este domingo co roteiro da Escola Municipal

ACoruñaXa
Un total de 13 actuacións en diferentes localizacións permitirán á cidadanía gozar do talento da escola
roteiro-oleiros
7 Jun 2025

Este domingo 8 de xuño, as rúas e prazas de Santa Cruz converteranse nun auténtico escenario ao aire libre con motivo do roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros. A partir das 11.30 horas, un total de 13 actuacións en diferentes localizacións permitirán á cidadanía gozar do talento do alumnado e do profesorado da escola.

O percorrido musical arrancará simultaneamente no Monumento aos Emigrantes, na ponte do Castelo e no Parque Luís Seoane, onde soarán saxofóns, frautas, piano, música de cámara e corais. Tamén na rúa do Mar haberá espazo para os ritmos máis modernos da man dos combos de música contemporánea e do grupo de gaitas.

A xornada continuará pola tarde cun dos pratos fortes do día: o musical MAMMA MIA!, que será representado ás 18.00 horas na praza Esther Pita. Este espectáculo reunirá sobre o escenario á Orquestra Sinfónica da Escola Municipal, ao coro La Tremenda Tremolina e ao alumnado da Escola de Danza, nunha proposta chea de enerxía e coreografías.

O broche final chegará ás 21.00 horas na praza do Castelo cun concerto da Big Band, que porá ritmo á noite e clausurará unha xornada pensada para toda a familia.

Todas as actuacións serán de acceso libre ata completar a capacidade dos espazos. O Concello anima á veciñanza a consultar os horarios detallados nas redes sociais e na web municipal para non perderse ningunha das propostas desta festa da música en Santa Cruz.

 

 

 

⚙ Configurar cookies
0.16321301460266