Santa Cruz converterase no corazón da olería peninsular co regreso de Alfaroleiros do 6 ao 10 de agosto

ACoruñaXa
Contará cunha ampla programación de actividades culturais e de lecer entre o Parque Luis Seoane e a Praza Esther Pita
alfaroleiros-25
1 Aug 2025

Oleiros prepárase para acoller unha nova edición de Alfaroleiros, que entre o 6 e o 10 de agosto celebrará os seus trinta e un anos de historia. A feira, considerada unha das máis representativas da artesanía oleira tradicional na Península Ibérica, reunirá no Parque Luis Seoane unha vintena de oleiros e oleiras procedentes de distintos puntos do Estado español e tamén de Portugal.

Ademais do espazo expositivo no céspede do parque, haberá unha ampla programación de actividades culturais e de lecer repartidas entre o Parque Luis Seoane e a Praza Esther Pita. Veciñanza e visitantes poderán gozar de concertos, maxia, danza, poesía, demostracións de olería, cociña en vivo e música infantil ao longo de toda a semana.

A feira abrirase oficialmente o mércores 6 de agosto ás 12.30 horas, e continuará durante a tarde con:

  • 18.00 horas – Demostracións de olería
  • 20.00 horas – Espectáculo de música Muiñada de Galeatro (Parque do Emigrante)
  • 21.00 horas – Concerto de Catuxa Salom Live Band Trío (Parque Luis Seoane)

O xoves 7 de agosto a programación inclúe:

  • 13.00 horas – Demostracións de olería
  • 18.30 horas – Demostracións de olería
  • 20.00 horas – Espectáculo de maxia de Martín Camiña: 2 ilusionistas cunha menciña contra o fastío (Praza Esther Pita)
  • 21.30 horas – Espectáculo Na Cerna do Son, con danza, música e poesía (Parque Luis Seoane)

O venres 8 de agosto:

  • 13.00 horas – Demostracións de olería
  • 18.00 horas – Bautismo de barro
  • 20.00 horas – Concerto infantil O libro máxico de Migallas Teatro (Parque Luis Seoane)
  • 22.00 horas – Concerto de Carlangas (Praza Esther Pita)

O sábado 9 de agosto:

  • 13.00 a 14.00 horas – Cociña e barro, demostración de cociña en vivo (Parque Luis Seoane)
  • 18.30 a 20.00 horas – Obradoiro A olería nas túas mans (Parque Luis Seoane)
  • 20,00 a 21.00 horas – Nova sesión de Cociña e barro (Parque Luis Seoane)
  • 22.00 horas – Concerto de A Banda da Loba (Praza Esther Pita)

O domingo 10 de agosto, peche da feira con:

  • 13.00 horas – Demostracións de olería
  • 18.00 a 20.30 horas – Xogos populares (Parque Luis Seoane)
  • 19.30 a 21.00 horas – Pasarrúas co Grupo de Gaitas Santaia (Parque Luis Seoane)

Desde o Concello destacan que Alfaroleiros é unha “cita identitaria” que pon en valor o patrimonio inmaterial vinculado á olería, á creación artesanal e ao encontro cultural aberto a todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.18217802047729