Sanidade licita o transporte de mostras clínicas na área da Coruña e Cee

ACoruñaXa
O servizo inclúe o traslado de mostras e documentación entre os centros de saúde e o laboratorio de referencia
Imaxe do CHUAC
15 Apr 2025

A Consellería de Sanidade vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia a licitación do servizo de recollida, transporte e distribución de mostras clínicas e material sanitario na área sanitaria da Coruña e Cee. O contrato ten un orzamento de 1.187.173 euros e unha duración de catro anos.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 19 de maio. O servizo inclúe o traslado de mostras e documentación entre os centros de saúde e o laboratorio de referencia situado no Hospital Materno Infantil da Coruña, así como as mostras de citoloxías e biopsias ao servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Universitario da Coruña.

O transporte realizarase segundo rutas diarias preestablecidas e cumprindo coas instrucións específicas. A empresa adxudicataria deberá achegar os recursos materiais e humanos necesarios, con persoal suficiente e cualificado para prestar o servizo con todas as garantías. Con este contrato, Sanidade busca garantir a seguridade e a eficiencia no manexo das mostras clínicas dentro da rede asistencial da área sanitaria.

⚙ Configurar cookies
0.16169810295105