San Vicente de Vigo quenta motores para a Festa de Inverno do 24 de xaneiro

A comisión de festexos de San Vicente de Vigo (Carral) xa ten todo a punto para a Festa de Inverno 2026, que se celebrará o sábado 24 de xaneiro cun programa pensado para xuntar veciñanza e visitantes durante toda a xornada.
Os actos comezarán coa misa solemne ás 13.00 horas e, a continuación, haberá sesión vermú amenizada por Unión y Fuerza. Un dos reclamos do día será a paella gratis para as persoas asistentes, antes de dar paso a unha tarde de 'bochinche' con música.
Xa pola noite, a festa continuará coa gran verbena, na que repetirán Unión y Fuerza e tamén actuará DJ Mon. A organización informa de que o campo estará totalmente cuberto cunha gran carpa e haberá un sorteo coincidindo co descanso da verbena. O cartel conta coa colaboración do Concello de Carral.