Salvador Illa visita A Coruña para coñecer as políticas municipais de vivenda

GaliciaXa | ACoruñaXa
O presidente da Generalitat percorreu a cidade acompañado pola alcaldesa e destacou a colaboración institucional e o uso de fondos europeos no desenvolvemento de novas vivendas públicas
Salvador-Illa-na-Coruña
19 Jul 2025

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu ao presidente da Generalitat de Catalunya, Salvador Illa, quen se desprazou á cidade herculina para coñecer de primeira man as políticas municipais de vivenda que se están a desenvolver coa colaboración do Goberno estatal.

Ambos dirixentes percorreron o barrio de Xuxán para supervisar as obras dun edificio que acollerá 50 novas vivendas de alugueiro social, situadas entre as rúas Cernadas e Longarela, un proxecto que conta con financiamento dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Durante a visita, Inés Rey destacou que esta iniciativa se enmarca nun contexto no que resulta fundamental “impulsar o parque residencial público para responder ás necesidades da cidadanía”, tanto polo encarecemento progresivo dos prezos no mercado como polas dificultades crecientes para atopar vivenda en réxime de alugueiro.

A rexedora subliñou que A Coruña xa conta cun Plan Municipal de Vivenda 2024-2030 que fomenta a construción de novas vivendas, a cesión de solo municipal, a rehabilitación de inmobles e a aplicación de ferramentas como a declaración de Zona Residencial Tensionada —na que foi pioneira en Galicia— e a nova ordenanza de vivendas de uso turístico (VUT).

No percorrido pola parcela Z-37 de Xuxán, Rey estivo acompañada polos concelleiros José Manuel Lage e Francisco Díaz Gallego, así como polo delegado do Goberno, Pedro Blanco, a subdelegada do Goberno, María Rivas, e parte do equipo técnico responsable das obras.

A visita institucional completouse co desprazamento de Salvador Illa ao Palacio Municipal de María Pita, onde asinou no Libro de Ouro do Concello, deixando constancia da súa visita oficial á cidade.

⚙ Configurar cookies
0.17292785644531