Saen a licitación as melloras no centro social de Barrañán por 106.757 euros

ACoruñaXa
O Concello de Arteixo prevé ampliar a terraza, instalar unha pérgola e mellorar os accesos para facilitar o uso das instalacións durante todo o ano
Imaxe do centro social de Barrañán en Arteixo
26 Out 2024

O Concello de Arteixo abre o proceso de licitación para as obras de mellora no centro social de Barrañán, un proxecto que busca optimizar as instalacións exteriores e facilitar o seu uso en calquera época do ano. O investimento de 106.757,05 euros, IVE incluído, permitirá ampliar a terraza e instalar unha pérgola para que a veciñanza poida disfrutar do espazo exterior independentemente das inclemencias meteorolóxicas.

O plan de melloras tamén inclúe a renovación dos accesos na parte norte do edificio, así como a construción de muretes de contención adaptados á topografía do terreo para reducir as pendentes actuais, facendo o espazo máis seguro e accesible para todos os usuarios.

Con esta actuación, o Concello de Arteixo reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais, dotando ao centro social de Barrañán dun entorno mellorado e adecuado ás necesidades da comunidade.

0.19335007667542