Sae a licitación a mellora da pista polideportiva de O Temple

ACoruñaXa
O Concello de Cambre destinará 60.000 euros, cofinanciados polo POS+ 2022, a renovar pavimentos, drenaxe e o valado
Imaxe da pista polideportiva de O Temple
18 Nov 2024

O Concello de Cambre deu un paso adiante no proceso de renovación da pista polideportiva municipal de O Temple, sacando a licitación un proxecto valorado en 60.000 euros. A intervención, financiada a través do Plan Único POS+ 2022 da Deputación da Coruña, inclúe traballos de pavimentación, pintado, mellora do drenaxe e restauración do valado.

A primeira actuación centrarase na repavimentación da pista, actualmente deteriorada, para despois proceder ao pintado das liñas que delimitarán unha pista de fútbol sala e dúas de minibasket. Paralelamente, ampliarase o sistema de drenaxe mediante a creación de novas xuntas e levarase a cabo a preinstalación de cableado, anticipándose a unha futura mellora do alumeado da zona. Finalmente, acometerase a restauración do valado existente, renovándoo nos fondos das dúas porterías.

A alcaldesa de Cambre, María Pan, destacou o apoio recibido por parte de Alternativa dos Veciños, sinalando que “co seu voto a favor destas licitacións están a poñer por diante, unha vez máis, o interese xeral dos veciños e veciñas de Cambre”. Ademais, fixo un chamamento ao resto de grupos municipais para que “remen todos xuntos polo ben do concello”.

0.19331693649292