Sada suma 90 fogares ao compostaxe e lanza obradoiros gratuítos en outubro

O programa de compostaxe doméstica en Sada segue a medrar: xa son 90 fogares os que transforman os seus biorresiduos no domicilio e hai máis familias en lista de espera para sumarse. Para facilitar novas incorporacións, o Concello organiza en outubro unha quenda de obradoiros prácticos nos que se explicará paso a paso como preparar a mestura, controlar a humidade, evitar malos cheiros e empregar o compost no xardín ou balcón, e ademais entregará composteiros de balde aos asistentes.
Compostar reduce o volume de residuos que van ao colector convencional, achega materia orgánica de calidade ao solo e contribúe a aforrar nos custos de xestión.
As citas serán o venres 10 de outubro en O Castro (Pistas polideportivas) ás 12.00, o xoves 16 de outubro no Local Social de Mondego ás 17.00, o luns 20 de outubro no Local Social de Meirás ás 20.00, o martes 21 de outubro no Local Social de Veigue ás 17.00 e o mércores 22 de outubro no Local Social de Carnoedo ás 20.00.