Sada promove o uso de auga da billa no torneo de fútbol praia para reducir residuos

ACoruñaXa
O evento deportivo contará cun punto de subministración instalado por Viaqua e bidóns reutilizables para os participantes
SADA auga torneo futbol
6 Aug 2025

O Concello de Sada, a través da súa Concellería de Deportes, acordou coa empresa Viaqua a instalación dun punto de subministración de auga da billa no torneo de fútbol praia, que se celebrará na praia das Delicias entre o 6 e o 10 de agosto.

No campionato participarán preto de 350 nenos e nenas, que recibirán un bidón reutilizable para encher nas billas instaladas no stand da empresa colaboradora. A medida busca fomentar hábitos responsables e reducir o uso de envases de plástico dun só uso.

Segundo explica o Concello, ofrecer auga da billa en eventos deportivos contribúe á diminución de residuos, á redución da pegada hídrica e á promoción dunha xestión máis sostible dos recursos naturais.

⚙ Configurar cookies
0.20679903030396