Sada programa o domingo 18 ‘Go Home!’, unha comedia sobre turismo e xentrificación na Casa da Cultura

ACoruñaXa
A función será ás 19.00 na Casa da Cultura Pintor Lloréns, con entradas a 5 euros á venda desde o 9 de xaneiro ás 9.30
SADA obra go home
11 Jan 2026

A Concellería de Cultura de Sada levará ao escenario da Casa da Cultura Pintor Lloréns o espectáculo teatral ‘Go Home!’, unha proposta incluída na programación de AGADIC que poderá verse o domingo 18 de xaneiro ás 19.00.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poranse á venda a partir do 9 de xaneiro ás 9.30 na plataforma municipal de reserva de butacas.

A obra conta a historia de Carlos, un fanático do turismo que asegura ter vivido todo tipo de experiencias organizadas por axencias (agás unha): unha viaxe sorpresa ‘ás cegas’, sen saber que lle vai ocorrer. A aventura lévao a pasar a noite no Cebreiro e, a partir de aí, mergúllase nunha peripecia marcada pola dúbida, o medo e a sorpresa.

‘Go Home!’ é o novo espectáculo dirixido por Perico Asorey e está protagonizado por David Amor e Josito Porto, cun equipo creativo no que figuran nomes como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Bértolo. A montaxe preséntase como unha comedia con mirada social, que pon o foco nun dos debates máis presentes na actualidade: o impacto do turismo e da xentrificación, tamén en clave galega, combinando reflexión, diversión e investigación escénica.

⚙ Configurar cookies
0.078912973403931