Sada prepárase para acoller a IX Edición do Trail Costa Doce os días 8 e 9 de febreiro
ACoruñaXa
O evento combina deporte, natureza e paisaxe, consolidándose como unha cita imprescindible para os amantes do trail
14 Jan 2025
Sada converterase un ano máis no centro de encontro para deportistas e amantes da natureza coa celebración da IX Edición do Trail Costa Doce os días 8 e 9 de febreiro de 2025. Organizado polo Concello de Sada e o Club Atletismo Sada, este evento busca ofrecer unha experiencia única que combina deporte, paisaxe e bo ambiente.
A proba percorrerá un roteiro que destaca pola beleza natural da costa sadense, sendo unha oportunidade perfecta tanto para os que desexen iniciarse no trail como para quen queira gozar dunha fin de semana activa. Ademais, a organización garante todas as medidas de seguridade necesarias para un evento destas características. As inscricións están abertas a través do seguinte enlace.