Sada lanza unha campaña para promover o comercio local por San Valentín

O Concello de Sada, a través da Concellería de Promoción Económica e Turismo, convoca aos establecementos comerciais do municipio a participar na Campaña de Promoción e Fidelización do Consumo no Comercio Local no Día de San Valentín. A campaña terá lugar desde o luns 10 de febreiro ata o venres 14 de febreiro de 2025, coincidiendo co día de San Valentín.
Podrán participar todos os comercios con sede en Sada que se inscriban previamente. Para iso, deberán remitir o formulario de inscrición (ANEXO 1) ao Rexistro Municipal antes do venres 7 de febreiro.
Durante a campaña, o Concello de Sada difundirá a lista de comercios participantes a través dos seus medios. As persoas que se acheguen a mercar aos establecementos adheridos á iniciativa recibirán unha tarxeta de felicitación de San Valentín acompañada de doces ou bombóns coas súas compras.
Ademais, para animar o ambiente das rúas de Sada, o venres 14 de febreiro de 17.00 a 19.00 horas desenvolverase a actividade 'Aprendices de Cupidos', na que catro cupidos e cupidas pasearán polas rúas interactuando co público e realizando divertidas probas románticas de agilidade, pensamento lóxico-matemático, deducción, entre outras.
A campaña tamén terá como obxectivo destacar a importancia de realizar compras de proximidade e de apoiar o comercio local, facendo así máis vivo o centro de Sada. A través desta acción, o Concello pretende fomentar un comercio local dinámico e atractivo, favorecendo tanto a economía do municipio como a súa vida social.