Sada homenaxea a Miss Golondrina cunha exposición ao aire libre

ACoruñaXa
A mostra, promovida pola veciñanza da rúa da Obra coa colaboración do Concello, repasa a vida da pioneira aviadora María Bernaldo de Quirós
SADA miss golondrina
8 Aug 2025

A Asociación de Veciños da rúa da Obra organiza este domingo, 10 de agosto, ás 20.00 horas, a inauguración dunha exposición sobre María da Saúde Bernaldo de Quirós,popularmente coñecida como Miss Golondrina, no paseo marítimo de Sada, xunto ao río Maior.

A mostra, que conta co apoio do Concello de Sada, está concibida como unha homenaxe pública e accesible á primeira muller aviadora en obter a licenza de piloto en España. A través de vinilos de gran tamaño, colocados ao aire libre, repásanse os principais fitos da súa vida e traxectoria, poñendo en valor a súa figura como referente feminino nun mundo dominado polos homes.

Trátase dunha exposición temporal que busca dar a coñecer a historia dunha muller adiantada ao seu tempo e reivindicar o seu legado na aviación e na loita pola igualdade.

⚙ Configurar cookies
0.22420001029968