Sada énchese de solidariedade coa VI Andaina Solidaria Nocturna o 9 de maio

ACoruñaXa
A iniciativa busca recolleitar fondos para apoiar a máis de 400 persoas en situación de vulnerabilidade
andaina-sada
15 Apr 2025

O vindeiro venres 9 de maio ás 21.00 horas, a praza Irmáns Suárez Picallo converterase no punto de partida da VI Andaina Solidaria Nocturna de Sada, unha cita organizada por Cruz Roja e o Concello de Sada que combina natureza, deporte, comunidade e, sobre todo, solidariedade.

Baixo o lema de estar cada vez máis preto das persoas que máis o precisan, a andaina busca recolleitar fondos para apoiar a máis de 400 persoas en situación de vulnerabilidade na contorna de Sada, especialmente na área de infancia, maiores e colectivos en risco de exclusión social.

O percorrido permitirá descubrir os recunchos con máis encanto do municipio: Sadadarriba, Pazos, Fontán, o Porto de Sada e a Casa da Cultura Pintor Lloréns, nun paseo nocturno pensado para todos os públicos. Ao remate, as persoas participantes serán agasalladas cun chocolate quente e poderán participar nun gran sorteo de máis de 30 premios, entre eles cartóns regalo, ceas gastronómicas, noites de hotel, travesías en veleiro e ata aventuras en autocaravana, grazas á colaboración do tecido empresarial local.

As inscricións poden facerse ata o 9 de maio ás 12:00 horas a través da web, ou de xeito presencial na Asemblea de Cruz Roja durante a tarde do propio venres. Tamén están dispoñibles os teléfonos 981 623 654 e 670 300 750 para resolver dúbidas ou formalizar a inscrición. Ademais, quen o desexe poderá colaborar adquirindo boletos do Sorteo do Ouro, outra vía de apoio directo aos programas de Cruz Roja no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.175940990448