Sada corta de forma temporal a subministración de auga por unha rotura de tubaxe na zona da Praia e República Arxentina

ACoruñaXa
A incidencia pode afectar tamén á avenida de Posse e o Concello prevé que o servizo quede restablecido arredor do mediodía, mentres Veolia traballa na reparación
VILARMAIOR corte de agua
9 Jan 2026

O Concello de Sada emitiu este venres un aviso por un corte temporal da subministración de auga motivado por unha rotura de tubaxe, que afecta ás rúas da Praia e República Arxentina. Segundo a información municipal, as persoas residentes na avenida de Posse tamén poderían verse afectadas pola incidencia.

A empresa concesionaria do servizo, Veolia (antes Viaqua), xa está a traballar na zona para resolver a avaría “canto antes” e a previsión é que o subministro poida quedar restablecido arredor do mediodía.

Durante as horas que dure a reparación, o Concello advirte de que nas rúas da contorna poden rexistrarse baixadas de presión e tamén a presenza puntual de auga algo turbia. O goberno local pediu desculpas polas molestias e agradeceu a comprensión da veciñanza.

0.088478088378906