Sada comeza este venres a súa campaña de Nadal, centrada no comercio local

A campaña de Nadal en Sada arrinca este venres co acendido do alumeado navideño, unha iniciativa promovida pola nova directiva de ACESADA en colaboración co Concello de Sada, a través das concellarías de Promoción Económica e Cultura.
A proposta, que busca dinamizar o comercio local, conta con máis de 4.000 euros en premios e máis de 1.000 agasallos directos para quen realice as súas compras nos establecementos da vila. Entre os premios repartiránse bonos agasallo de 150 euros, 100 euros, 50 euros e 20 euros, ademais de tote bags, cadernos, bolígrafos e chaveiros que se obterán mediante rasca entregados por compras iguais ou superiores a 15 euros.
Unha cinquantena de comercios adheridos participan nesta campaña, que pretende fomentar o consumo no comercio de proximidade e apoiar a economía local. Desde ACESADA destacan que esta acción representa “unha aposta forte polo relanzamento do comercio de barrio”, resaltando beneficios como a proximidade, a atención profesional, a creación e mantemento de emprego, a seguridade, a sustentabilidade económica e ecolóxica, a revalorización da zona e, sobre todo, “o valor de contribuír á vida do municipio”.
Como complemento á campaña, celebraranse dous Tardeos Navideños, os días 19 de decembro e 2 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, con actividades infantís, música en directo e a visita de Papá Noel na primeira xornada e do Paxie Real na segunda. Durante estas datas, os comercios participantes tamén ofrecerán descontos e promocións especiais.
A campaña manterase activa ata o 5 de xaneiro, e os premios poderán canxearse ata o 31 de xaneiro de 2026, buscando así aliviar a tradicional “costa de xaneiro” e prolongar os beneficios da iniciativa máis alá das festas.