Sada celebra os días 24 e 25 de xaneiro a X edición do Trail Costa Doce

ACoruñaXa
A proba, organizada polo Concello e o Club de Atletismo Sada, conmemora o 10º aniversario cun programa con trail nocturno, trail longo, trail curto, andaina e trailliño, con saída dende a Casa da Cultura
SADA X trial costa doce
11 Jan 2026

O Concello de Sada anunciou a celebración da décima edición do Trail Costa Doce, que terá lugar os días 24 e 25 de xaneiro e que coincide co 10º aniversario desta cita deportiva. A proba está organizada polo Concello e polo Club de Atletismo Sada e contará con diferentes modalidades para adaptarse a distintos niveis de participación.

O evento arrancará o sábado 24 co trail nocturno, previsto para as 19.00, cun percorrido duns 16,5 quilómetros e un desnivel aproximado de +600 e -600 metros. Xa o domingo 25 chegará a xornada principal co trail longo, ás 10.00, cun trazado duns 30 quilómetros e +1.000 e -1.000 metros. Tamén ese día haberá unha andaina (10.05), un trail curto (11.15) e o trailliño (11.20), con distancias e desniveis que van dende os 10,5 quilómetros (+300 e -300) ata os 16,5 quilómetros, segundo a modalidade.

Ademais, a organización inclúe a opción combinada, que suma o trail nocturno e o trail longo. As saídas realizaranse dende a Casa da Cultura de Sada e as inscricións permanecerán abertas ata o 18 de xaneiro a través da web municipal.

⚙ Configurar cookies
0.076817035675049