Sada celebra este sábado unha Festa de Nadal Solidaria con merenda, xogos e sorteo de agasallos

ACoruñaXa
A cita será o 20 de decembro no Pavillón Municipal, de 17.00 a 20.00 horas, con entrada de balde e visita de Papá Noel
SADA festa solidaria nadal
19 Dec 2025

O Concello de Sada celebrará este sábado, 20 de decembro, unha nova edición da súa Festa de Nadal Solidaria, unha proposta pensada para que a rapazada e as familias dean a benvida ás vacacións cunha tarde de lecer e tamén de colaboración veciñal.

A actividade desenvolverase no Pavillón Municipal entre as 17.00 e as 20.00 horas, con xogos para todas as idades, música e merenda de balde. Un dos momentos máis agardados será a visita de Papá Noel, que recollerá as cartas de última hora.

A xornada rematará cun sorteo de agasallos a partir das 20.00 horas. A asistencia á festa inclúe unha rifa por neno, e as familias que acheguen alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene recibirán máis rifas en función da súa aportación, incrementando así as posibilidades de participar nos premios.

A festa está organizada polo ANPA Mosteirón e o ANPA Sada e os seus contornos, coa colaboración do Concello de Sada.

⚙ Configurar cookies
0.082869052886963