Sada activa o servizo de salvamento nas súas praias para garantir un verán seguro e de calidade

Ata o 15 de setembro está en funcionamento o servizo de prevención, salvamento e socorrismo nas praias das Delicias, Nova, San Pedro e Cirro en Sada. O horario do servizo será de 12.00 a 20.00 horas, todos os días da semana.
Este dispositivo está composto por 14 socorristas e unha persoa encargada, que traballan baixo a coordinación e supervisión do Servizo de Emerxencias. O Concello lembra a importancia de respectar as normas e seguir sempre as indicacións do persoal socorrista para gozar con seguridade dos areais.
As análises realizadas pola Xunta de Galicia indican que a calidade das augas nas seis praias analizadas en Sada é excelente ou boa, “reflictindo que os investimentos realizados polo Concello en materia de saneamento están a ter un efecto positivo directo na calidade das zonas de baño desde hai varias tempadas”. O Concello comprométese a seguir traballando para manter ou mellorar esta calidade.
Ademais, segundo a normativa vixente, o acceso de cans ás praias está restrinxido entre as 22.00 e as 10.00 horas no período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.