Sada activa a campaña 'Ti fas grande o pequeno comercio' do 15 ao 30 de novembro

ACoruñaXa
Promoción Económica impulsa a iniciativa coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sada
SADA COMERCIO
6 Nov 2025

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Sada pon en marcha a campaña 'Ti fas grande o pequeno comercio', unha acción de dinamización que se desenvolverá no municipio entre o 15 e o 30 de novembro deste ano coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sada.

Poderá sumarse calquera establecemento comercial de Sada. A iniciativa inclúe a achega de material promocional (agasallos para a clientela, cartaces e flyers), a difusión e visibilización da campaña en medios dixitais e en soportes físicos, así como un incentivo económico en forma de tres vales agasallo de 100 euros cada un. Estes vales repartiranse entre os comercios participantes para seren entregados á clientela no momento de realizar unha compra no seu establecemento.

Os negocios interesados deben inscribirse mediante o formulario habilitado na web municipal. O prazo de inscrición remata o 10 de novembro ás 13.00 horas. As bases completas e o formulario están dispoñibles na páxina municipal.

⚙ Configurar cookies
0.069998025894165