Sada acolle o Campus de Vólei Praia e prepárase para a Copa Deputación con máis de 200 participantes

ACoruñaXa
O evento reunirá a máis de 200 persoas nas categorías Alevín, Infantil, Cadete e Sub-19
VOLEY-SADA
4 Jul 2025

A Praia das Delicias de Sada é estes días o punto de encontro para a mocidade afeccionada ao vólei praia. Do 1 ao 4 de xullo celébrase o Campus de Vólei Praia Sada 2025, unha iniciativa promovida polo Concello de Sada en colaboración coa Federación Galega de Voleibol, dirixida a mozas e mozos de entre 6 e 17 anos.

O obxectivo do campus é iniciar a rapazada na práctica deste deporte, combinando formación técnica, actividade física e convivencia nun espazo natural como o areal sadense. As sesións de adestramento están adaptadas a diferentes idades e niveis, nun ambiente dinámico e participativo.

A actividade deportiva continuará durante a fin de semana, os días 5 e 6 de xullo, coa celebración da Copa Deputación de Vólei Praia, tamén na Praia das Delicias. O evento reunirá máis de 200 participantes nas categorías Alevín, Infantil, Cadete e Sub-19, converténdose nun dos torneos destacados da tempada estival.

Desde o Concello valoran moi positivamente a organización destas propostas, tanto polo seu papel na promoción do deporte base como pola súa capacidade para dinamizar os espazos públicos e fomentar hábitos saudables entre a mocidade.

⚙ Configurar cookies
0.15632700920105