Sada abre o calendario 2026 de saídas medioambientais guiadas con tres rutas no primeiro trimestre

ACoruñaXa
As excursións, gratuítas e deseñadas pola Sociedade Galega de Historia Natural, xa comezaron coa visita á Lagoa e areal de Baldaio
SADA saidas medioambientais
3 Feb 2026

O Concello de Sada volve apostar en 2026 polas saídas medioambientais guiadas e gratuítas, unha programación pensada para achegar á veciñanza a espazos de alto valor natural. As actividades están deseñadas e conducidas por persoal experto da Sociedade Galega de Historia Natural.

A primeira das propostas do ano xa tivo lugar coa visita á Lagoa e areal de Baldaio, no municipio de Carballo, un enclave costeiro coñecido polo seu sistema de dunas e zonas húmidas.

De cara ás vindeiras datas, o programa continúa o domingo 22 de febreiro cunha saída á Praia e lagoa da Frouxeira (Valdoviño), co prazo de inscrición aberto do 9 ao 15 de febreiro.

A seguinte cita será o domingo 22 de marzo, cun itinerario polo Monte do Gato e a Reserva de Anfíbios do Catorce, no concello de Coirós. As inscricións para esta ruta poderán realizarse do 9 ao 15 de marzo.

Desde o Concello lembran que toda a información e as indicacións de inscrición están dispoñibles na súa web municipal.

⚙ Configurar cookies
0.076740026473999