Rodaxe en Guísamo: a serie El crimen de Pazos provoca cortes intermitentes na AC-214 o luns 13 de outubro

ACoruñaXa
Gravacións da nova serie El crimen de Pazos en Guísamo; cortes puntuais na AC-214 entre as 08.00 e as 12.00
BERGONDO set rodaxe
10 Oct 2025

O equipo de Bambú Producciones instalará o seu plató en Guísamo este luns, 13 de outubro: as gravacións desenvolveranse entre as 06.30 e as 18.30 horas, aínda que entre as 08.00 e as 12.00 está previsto o peche intermitente do tramo da AC-214 sinalado no mapa, tanto para vehículos como para peatóns, segundo informa o Concello de Bergondo.

A presencia do equipo técnico e do material require cortes puntuais na circulación e regulación na vía mentres se realizan as tomas. Rógase a condutores e veciñanza que extremen a precaución e sigan a sinalización e as indicacións do persoal de control nos puntos afectados.

O Concello avisa de que os cortes serán intermitentes e limitados ao tramo indicado no mapa: durante esas horas poden producirse retencións e desviacións momentáneas; os peatóns deberán respectar sempre as medidas de seguridade. Para información e actualizacións, o Concello recomenda consultar os seus canais oficiais.

⚙ Configurar cookies
0.069828987121582