Rockanroleiros 2025 regresa a Santa Cruz: dous días de rock na Praza Esther Pita con Burning, J. Teixi Band e bandas locais

A Praza Esther Pita en Santa Cruz volverá converterse na capital do rock coa VIII edición do Festival Rockanroleiros, unha cita impulsada polo Concello de Oleiros e a Asociación Músicoleiros que reunirá bandas históricas e proxectos da contorna nun formato aberto e gratuíto. O encontro desenvolverase o sábado 4 e o domingo 5 de outubro, con programación en horario nocturno o sábado e xornada continua o domingo, combinando directos, sesión vermú e espazos para o público máis fiel ao xénero.
O sábado 4 abrirá J. Teixi Band ás 20.00, dará paso á lenda setenteira-oitentera Burning ás 22.00 e pechará a noite Luback desde as 00.00. O domingo 5 será a quenda das bandas locais, protagonistas dunha sesión vermú entre as 13.00 e as 15.00, para continuar pola tarde de 16.00 a 20.00 con máis actuacións. Ao longo do domingo instalaranse postos de merchandising na praza. A entrada é de balde, consolidando o Rockanroleiros como un plan perfecto para gozar do directo ao carón do mar e descubrir novas propostas xunto a nomes esenciais do noso rock.