Retencións na DP-0810 á altura de Villa Julia por un tráiler envorcado: Policía Local e Protección Civil coordinaron a retirada

Dende as 8.30 horas desta mañá rexístranse importantes retencións na DP-0810 á altura de Villa Julia tras quedar un camión articulado atrapado na cuneta, situación que complica a súa extracción e condiciona a circulación en ambos sentidos. Policía Local e Protección Civil manteñen un dispositivo no punto dende o momento do sinistro para regular o tráfico, garantir a seguridade viaria e facilitar os traballos de retirada do vehículo.
O Concello de Bergondo subliña a importancia e urxencia do proxecto de ampliación deste treito da DP-0810, considerado punto negro pola súa sinistralidade e polos continuos atrancos que se producen cando se dan incidencias desta natureza, e pide prudencia ás persoas condutoras mentres dure a intervención técnica.
A estrada DP-0810 liberouse arredor das 11.30 horas grazas ao traballo da Policía Local e de Protección Civil de Bergondo.