Restricións no tráfico en Ordes polas Festas Patronais de agosto

ACoruñaXa
Do 13 ao 17 de agosto pecharanse varias rúas do centro para facilitar as celebracións e garantir a seguridade dos asistentes
ORDES cortes trafico
12 Aug 2025

O Concello de Ordes informa que, co gallo das Festas Patronais, do 13 ao 17 de agosto estarán cortadas ao tráfico varias rúas do núcleo urbano. O corte de circulación será efectivo desde as 15.00 horas do día 13 ata as 8.00 horas do 18 de agosto.

As zonas afectadas, sinaladas en violeta no plano oficial, inclúen a intersección da rúa Lagartos coa rúa Alfonso Senra (N-550) e rúa Recreo (DP-5903), así como a intersección da rúa Alfonso Senra (N-550) coa rúa Rosalía de Castro (DP-5904).

Para facilitar a mobilidade, habilitaranse desviós alternativos no casco urbano. Aos condutores recoméndaselles empregar o dobre sentido da N-550 e a Rolda Leste, marcados en vermello no mapa.

Durante estes días permanecerán pechadas as rúas do Muíño, Compostela, Parques Municipais (segundo tramo ata N-550) e República Arxentina, onde se instalarán atraccións e postos ambulantes.

As actuacións musicais celebraranse nas proximidades da Casa Consistorial e na Alameda Soldado Lois (zona en azul no plano). Ante a previsión dunha alta afluencia de visitantes, suxírese utilizar as zonas de estacionamento próximas e parkings habilitados.

⚙ Configurar cookies
0.17176103591919