Representantes do ANPA do Vicente Otero e do ANPA Ana Lastra Lopez acoden ao Parlamento de Galicia para esixir apoio educativo

ACoruñaXa
As familias demandan para Carral e Oleiros máis profesorado especializado, coidador a tempo completo e apertura dunha terceira aula en 4º
CARRAL anpa parlamento
16 Oct 2025

Unha representación conxunta da ANPA do CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral) e da ANPA do CEIP Valle-Inclán (Oleiros) acudiu ao Parlamento de Galicia para seguir o debate dunha iniciativa que recolle as súas reivindicacións urxentes en materia de atención educativa. As familias piden reforzar o profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL), dotar un coidador/a a tempo completo e abrir unha terceira aula en 4º de Primaria para axustar as ratios e garantir unha atención adecuada ao alumnado con necesidades específicas.

As ANPAs denuncian que a falta destes recursos está a afectar ao funcionamento ordinario dos centros e esixen unha resposta inmediata da Consellería de Educación. Ademais da vía institucional, anuncian mobilización social: o xoves 16, ás 19:30 horas, convocan unha manifestación diante do Concello de Carral para reclamar solucións efectivas.

As asociacións agradeceron o respaldo doutras comunidades educativas da contorna e avisan de que manterán o calendario de accións se non se producen avances nas vindeiras datas.

⚙ Configurar cookies
0.070023059844971