Rematadas as obras de rehabilitación da fonte de Vilaboa en Vilarmaior

O Concello de Vilarmaior informa de que xa remataron os traballos de rehabilitación da fonte de Vilaboa, situada na parroquia de Grandal. A intervención permitiu mellorar tanto o aspecto exterior da fonte como a súa funcionalidade, garantindo un mellor estado de conservación deste elemento tradicional.
Desde o goberno local sinalan que a actuación se enmarca nas accións municipais de mantemento e posta en valor do patrimonio, co obxectivo de conservar fontes, lavadoiros e outros elementos singulares repartidos polas distintas parroquias.
O Concello subliña que este tipo de obras contribúen a preservar a memoria do territorio ao tempo que se mellora o uso cotián destes espazos por parte da veciñanza.