Remata o curso de carretilleiro en Curtis coa entrega de 29 diplomas

ACoruñaXa
A formación, orientada á mellora profesional, inclúe teoría e práctica sobre normativa e seguridade no uso de carretillas elevadoras
curtis curso carretilla
6 Nov 2024

O Concello de Curtis celebrou a entrega de 29 diplomas ao alumnado que completou o curso de carretilleiro, unha iniciativa que busca mellorar a capacitación profesional dos veciños e veciñas do municipio. O curso, que se desenvolveu en dous turnos de mañá e tarde, combinou formación teórica e práctica, abordando temas como a normativa vixente e as principais medidas de seguridade no uso de carretillas elevadoras.

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, destacou a importancia desta formación, salientando que o curso proporciona "unha oportunidade laboral accesible e gratuita, que non só impulsa a empregabilidade senón que tamén asegura condicións de traballo seguras e profesionais".

0.19334697723389