Finalizan os traballos de mellora nos centros escolares de Sada

ACoruñaXa
O Concello investiu a tales efectos preto de 90.000 euros en distintas obras ou labores de mantemento
obras-colexios-de-sada
2 sep 2024

Esta semana ultímanse todos os preparativos para dar inicio a un novo curso escolar en Sada. Dende a Concellería de Educación estiveron traballando arreo ó longo do verán para mellorar as instalacións escolares. O Concello investiu a tales efectos preto de 90.000 euros en distintas obras ou labores de mantemento que eran imprescindibles para o correcto funcionamento dos centros escolares.

No CEIP Pedro Barrié de la Maza estiveron a realizar un investimento importante para evitar as filtracións de auga no comedor, unha obra moi necesaria que mellorará notablemente o benestar do alumnado. No CEIP Sada e Contornos executáronse cambios na conserxería que optimizan a mobilidade interna e a distribución dos espazos no vestíbulo de acceso ó cole. No CEIP O Mosteirón baleiraron o faiado de aparellos para facilitar o comezo das obras de substitución da cuberta programadas pola Consellería de Educación, ademais de realizar outras actuacións puntuais necesarias para o correcto funcionamento do centro.

Ademais destes traballos, acometéronse outros como a adecuación de espazos, pintado de aulas, reparación de patios, labores de fontanería e a montaxe de novo mobiliario en varios dos nosos centros.

0.20345616340637