Regresa o programa 'Culleredo en Escena' co premiado espectáculo ‘O dragón de ouro’

ACoruñaXa
Representarase a obra da compañía Sarabela Teatro, distinguida con catro premios María Casares
cull-escena
28 May 2025

O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo acollerá o regreso do programa municipal 'Culleredo en Escena' este 30 de maio co espectáculo teatral  ‘O dragón de ouro’. Está programado que esta obra que trae a compañía Sarabela Teatro comece a partir das 20.30 horas con entrada de balde.

O público gozará dunha representación recoñecida con catro distincións nos últimso Premiso María Casares, entre elas a de mellor tradución/adaptación, mellor espazo escénico e mellor actriz secundaria (Sabela Gago). Trátase da primeira tradución ao galego de Roland Schimmelpfennig, o dramaturgo alemán máis representando na actualidade.

‘O dragón de ouro’ trata temas de gran calado social como a inmigración ilegal, a explotación laboral ou a prostitución forzada, empregando para este fin unha revisión da fábula da cigarra e a formiga a modo de metáfora. É este espectáculo que forma parte do ciclo de primavera do programa municipal 'Culleredo en Escena' e pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

⚙ Configurar cookies
0.16355490684509