Recorda Fest aposta por un festival inclusivo con mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva

ACoruñaXa
Por segundo ano consecutivo, o festival colabora con ACOPROS para garantir unha experiencia musical sen barreiras
A CORUÑA mochila vibratoria
6 Sep 2025

O Recorda Fest será novamente máis inclusivo grazas ás mochilas vibratorias para persoas xordas. Por segundo ano consecutivo, a organización do evento impulsa unha colaboración con ACOPROS, a Asociación de Colaboración e Promoción do Sordo, permitindo que todas as persoas poidan vivir o festival sen barreiras.

Estas mochilas funcionen captando a sinal acústica e transformándoa en vibracións, que se perciben na espalda ou no peito dos asistentes, especialmente en frecuencias graves ou subgraves, ideais para concertos como os do Recorda Fest. Ademais, dispoñen dun equipo FM integrado para persoas que usen implante coclear ou audífono, de xeito que poden escoitar a música e ao mesmo tempo sentir a vibración, facendo a experiencia completa e accesible para todas as persoas, independientemente do seu grao de discapacidade auditiva.

Estas mochilas forman parte do compromiso do Recorda Fest coa inclusión e a innovación no ámbito dos festivais musicais, permitindo que todas as persoas poidan participar plenamente da experiencia sonora. Grazas á colaboración con ACOPROS, a asociación sen ánimo de lucro que promove a integración das persoas xordas, o festival consolídase como un espazo accesible e referente en música sen barreiras.

O Recorda Fest celebrarase os días 6 e 7 de setembro de 2025 no Muelle de Batería de A Coruña, cunha programación musical para toda a familia, e cun enfoque sustentable que inclúe a convalidación da súa pegada de carbono en colaboración coa start-up galega AIRCO2, dentro do concepto FESTIVAL NET ZERO.

⚙ Configurar cookies
0.15100502967834