Récord de participación no XXIV Torneo de Xadrez de Nadal de Carral

ACoruñaXa
O Pavillón de Espiño reuniu 64 xogadores e xogadoras, con máis de 40 participantes en categorías infantís
CARRAL torneo ajedrez 25'
23 Dec 2025

O Pavillón de Espiño acolleu a 24ª edición do Torneo de Xadrez de Nadal de Carral, unha cita que se desenvolveu entre as 16.00 e as 20.30 horas e que bateu o seu récord de asistencia. En total, participaron 64 xadrecistas chegados de diferentes puntos como Arteixo, Santiago, Ponferrada, Lugo e Ourense, ademais dunha presenza destacada de xogadores e xogadoras do propio municipio.

Un dos datos máis salientables desta edición foi a alta participación infantil: máis de 40 nenos e nenas tomaron parte na competición, sendo case a metade veciñanza de Carral, o que confirma o bo momento do xadrez no concello.

O torneo disputouse a 7 roldas e concluíu cos seguintes resultados:

  • Categoría absoluta: 1º Francisco Miguel Amado Rodríguez, 2º Iago Soto Paino, 3º Luis Carril García.
  • Categoría local: Xosé Manuel Zapata Pérez.
  • Sub-14: 1ª Laura Carollo Poisa, 2º Mateo Carrillo Rey, 3º Álvaro Carril Fernández.
  • Sub-10: 1º Martín Pérez Otero, 2º Roy Bello Nieto, 3º Martín Pereira Fernández.

A entrega de trofeos correu a cargo da concelleira de Cultura, Isabel Pérez, e do concelleiro de Deportes, Óscar Bodelo. A organización felicitou a todas as persoas participantes polo nivel e polo ambiente vivido durante a xornada.

⚙ Configurar cookies
0.081269979476929