Recoñecemento galego para o técnico deportivo de Arteixo Marcos Docampo

ACoruñaXa
O responsable municipal foi distinguido como Mellor Persoa Xestora do Deporte nos XVI Premios Galicia á Xestión Deportiva, cuxa gala se celebrará o 28 de novembro ás 20.00 horas en Lugo
ARTEIXO tecnico deporte
Actualizada el 21 noviembre 2025, 08:49 horas
20 Nov 2025

Arteixo está de parabén. O técnico deportivo municipal, Marcos Docampo Fraga, vén de ser distinguido co Premio á Mellor Persoa Xestora do Deporte nos XVI Premios Galicia á Xestión Deportiva, convocados pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE). O xurado reuniuse no NORDÉS Club Empresarial da Coruña para avaliar as candidaturas chegadas de toda Galicia e decidiu por unanimidade outorgarlle este recoñecemento.

Desde o Concello salientan que o premio supón 'un orgullo enorme para Arteixo' e un aval ao traballo que se desenvolve no deporte de base, na promoción da actividade física e na xestión das instalacións municipais, cun modelo de deporte 'aberto, inclusivo e para todas as idades'.

A gala de entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro 28 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo, onde se reunirán as persoas e entidades premiadas nas diferentes categorías desta edición.

O Concello traslada a súa noraboa a Marcos Docampo e subliña que se trata dun 'recoñecemento xusto e merecido' ao seu labor diario á fronte da xestión deportiva municipal.

⚙ Configurar cookies
0.072551965713501