Reabre ao público o parque infantil da praza Casares Quiroga, en Elviña

ACoruñaXa
O Concello reforzou a seguridade nas instalacións cun novo firme e estruturas de xogo renovadas
parque-casares-quiroga
12 May 2025

O Concello vén de reabrir o parque infantil da praza Casares Quiroga, no barrio de Elviña, onde remataron as melloras previstas sobre a superficie de paso e tamén nas estruturas de xogo.

O abano de actuacións incluíu, por exemplo, a substitución do antigo tapete de céspede artificial, que se retirou para habilitar un novo, con firme de caucho, máis idóneo en termos de seguridade ante posibles caídas das nenas e nenos que fan uso do parque.

Ademais, tamén se substituíron as randeeiras e estruturas máis desgastadas, unha intervención habitual nestes espazos de xogo, tanto polo seu uso como polo paso dos anos e, en consecuencia, o deterioro progresivo dos materiais.

Máis actuacións no parque infantil do Monte de San Pedro

A intervención na praza Casares Quiroga forma parte do cronograma de actuacións impulsado ao abeiro do plan integral de mellora dos parques infantís, co que o Goberno de Inés Rey vai dando resposta ás necesidades de cada unha destas instalacións nos dez distritos da Coruña.

Neste sentido, estas últimas semanas tamén se completou a renovación do firme de caucho na área de xogos infantís do Monte de San Pedro, xa aberto novamente ao uso das crianzas.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que o cronograma de traballo previsto polo Concello avanza estes días en Matogrande, onde se está a construír un novo banco corrido no parque infantil da rúa Sebastián Martínez Risco, a carón do centro de saúde.

⚙ Configurar cookies
0.15700602531433