Reabre a piscina grande do Muiño tras confirmar a calidade da auga

ACoruñaXa
A piscina principal estivo pechada durante varios días por precaución, mentres que a pequena permaneceu operativa
ORDES piscina muino
5 Aug 2025

O Concello informou da reapertura da piscina grande do complexo do Muiño despois de recibir os resultados das análises de auga que certifican que é apta para o baño. A instalación permanecera pechada desde o pasado 2 de agosto por motivos alleos ao consistorio, mentres que a piscina pequena seguiu aberta ao público durante todo este tempo.

As probas de calidade confirmaron que a auga cumpre cos parámetros esixidos, polo que dende o 5 de agosto o vaso principal volve estar dispoñible para os usuarios. O Concello lamenta as molestias ocasionadas aos veciños e visitantes e agradece a súa comprensión durante o período de peche preventivo.

⚙ Configurar cookies
0.20269298553467