Raquel Rico García gaña o concurso fotográfico do calendario 2026 do Consorcio As Mariñas

ACoruñaXa
A súa imaxe ‘Saída da lúa tras as torres da igrexa de Santiago’, tomada en Betanzos, levou o primeiro premio dun certame centrado no medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio
CONSORCIO gañadora concurso
16 Dec 2025

O Consorcio As Mariñas xa ten gañadora do seu Concurso Fotográfico do Calendario 2026. Trátase de Raquel Rico García, que se fixo co primeiro premio grazas á instantánea ‘Saída da lúa tras as torres da igrexa de Santiago’, captada no concello de Betanzos.

O xurado decidiu outorgarlle o galardón destacando o simbolismo da fotografía, ao combinar a arquitectura gótica do templo (cos seus pináculos cara ao ceo) co círculo perfecto da lúa, interpretado como unha imaxe de claridade. Tamén puxo en valor a composición e, especialmente, a iluminación da escena, sinalada como un dos elementos máis sobranceiros do traballo.

Como gañadora absoluta, Rico García recibirá unha tablet e dez exemplares do calendario como premio. Ademais, as once persoas autoras seleccionadas polo tribunal obterán tamén exemplares do almanaque.

O certame tivo como fío condutor o medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural e histórico, coa condición de que as fotografías fosen realizadas no ámbito territorial dos concellos que integran o ente supramunicipal: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

⚙ Configurar cookies
0.088083028793335