Raquel Queizás protagonizou unha nova sesión das Tardes de Contos e Lendas en Ordes
ACoruñaXa
Os nenos e nenas gozaron do contacontos ‘Raposadas’

5 Dec 2025
A pasada fin de semana, a narradora e filóloga Raquel Queizás foi a protagonista da última sesión das Tardes de Contos e Lendas na Biblioteca Municipal de Ordes. A súa intervención, titulada ‘Raposadas’, estivo dirixida aos nenos e nenas de entre 3 e 6 anos.
Esta actividade realízase grazas á colaboración do Concello de Ordes coa Deputación da Coruña.