Que facer na cidade da Coruña durante a Semana Santa?

ACoruñaXa
A cidade da Coruña conta cunha grande oferta cultural e deportiva durante as festividades da Semana Santa
Imaxe de Planetario da Casa das Ciencias na Coruña
25 Mar 2024

O Concello da Coruña oferta durante as festividades da Semana Santa ampla programación cultural e deportiva nos diferentes recintos da cidade. O Goberno local brinda así actividades de ocio alternativo ás familias e visitantes á cidade durante os días festivos.

O luns 25 de marzo ás 20.00 horas o centro Ágora contará cunha nova cita no marco do Ciclo Literario Poetas Di(n)versos, co hondureño Rolando Kattan e o lucense Abraham Pérez. O martes 26 os coros infantil e xove da Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerán ás 19.00 horas no Teatro Colón un 'Concerto de primavera' con entradas dende 2 euros. E o domingo 31 de marzo no Palacio da Ópera a Orquestra Xove da OSG ofrecerá un concerto especial co soprano José Miguel Pérez-Sierra, con entradas dispoñibles en liña a partir de 10 euros.

A programación cultural complétase cos ciclos de cinema do Fórum Metropolitano o domingo 23, con dúas sesións dos filmes 'La muit du verre d'Eau' (2023) de Carlos Chahine e 'Vahalla Rising' (2009) de Nicolas Winding Refn con proxección ás 17.30 e 20.00 horas.

Pola súa banda, os Museos Científicos tamén acolleran unha programación con proxeccións de cine do 23 de marzo ao luns 1 de abril. Na DOMUS proxectaranse dous documentais gañadores nos Premios Prisma 2023. 'La mujer que soñaba con números' (2020) de Mirella R. Abrisqueta contará cunha doble sesión, ás 11.00 e 12.30 horas; e 'Maa-Yiem, la extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi' (2022) de Alfonso Par cun único pase ás 17.30 horas.

En canto á Casa das Ciencias, no Planetario realizaranse as proxeccións de 'Lévame á Lúa', para máis de 10 anos, ás 11.30 horas; 'Más allá del Sol', de 6 a 12 anos, ás 13.00 horas; 'Hazelnuts', en busca del planeta perfecto, de 4 a 7 anos, ás 17.00 horas; e un programa en directo sobre o ceo desta época do ano ás 18.00 horas.

Ademais, todavía está aberta a exposición '1891-1895 Picasso' na casa na Casa Museo Picasso. Unha mostra realizada por Coruña Gráfica con diferentes viñetas sobre a vida de Picasso na Coruña. O horario de apertura é de martes a sábado, de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas; e domingos e festivos, de 12.00 a 14.00 horas.

A Coruña é deporte

Durante a Semana Santa, A Coruña contará con diversas competicións deportivas nos diferentes recintos da cidade. O luns 25 de marzo a Cidade Deportiva Arsenio Iglesias acollerá o Campionato Galego de Fútbol - Seleccións Comarcais, dende as 9.30 horas nos Campos da Torre.

O martes 26 de marzo tamén conta cunha nova cita futbolística, desta vez solidaria, coa celebración do I Memorial Fani Martínez #TanSóPorTi no polideportivo de Novo Mesoiro, a partir das 20.00 horas. A cita, organizada polo club Coruña 5 Fútbol Sala en colaboración co Concello da Coruña, donará todo o recadado á Asociación Contra o Cancro.

A programación deportiva concluirá os días 28 e 29 de marzo coa II edición da Copa Irene González Basanta na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, que reunirá aos mellores equipos do fútbol feminino de España.

0.18208289146423