Que facer esta fin de semana do 23 ao 25 de agosto na zona da Coruña e arredores?

ACoruñaXa
Actividades variadas en A Coruña, Boimorto, Bergondo, Miño e Ferrol para un fin de semana repleto de festas
Imaxe do ocio do 23 ao 25 de agosto na zona da Coruña
23 Ago 2024

Do 23 ao 25 de agosto, a comarca da Coruña e Ferrol ofrecen unha ampla e variada programación cultural, con concertos, festivais e festas en distintas localidades. A Coruña, Boimorto, Bergondo, Miño e Ferrol son os nosos lugares escollidos para desfrutar dunha entretida fin de semana con actividades para todos os gustos.

Na Coruña, as Festas de María Pita van achegándose ao seu remate. Os Xardíns de Méndez Nuñez serán o escenario do tradicional Certame de Habaneras, que terá lugar dende o mércores 21 ata o domingo 25 de agosto, todos os días a partir das 19.30. O venres 23 rematarán as festas do Barrio do Castrillón coa Cascarillarte con Pedras de Cartón ás 12.00 horas. O sábado e o domingo será a quenda das festas no barrio da Sagrada Familia, que contará coas actuacións de Aixa Romay e DJ A3060 o sábado, e do grupo Amizades o domingo.

Ademais, nos Xardíns de Méndez Núñez, a Feira do Libro Antigo continúa coa súa programación, e esta fin de semana a Feira de Artesanía porá fin á súa edición deste ano.

Doutra banda, non moi lonxe da Coruña, a cidade de Ferrol tamén está a celebrar as súas festas patronais. O venres 23 de agosto, o cantante arxentino Coti actuará na praza de Armas ás 22.00 horas. Además, os días 23 e 24 disputarase o Rally de Ferrol nos alrededores da cidade.

O sábado 24 a localidade de Guísamo en Bergondo celebra o festival Guísamo Folk que contará con actividades para toda a familia e coas actuacións de Arredores, Tanxugueiras e Terbutalina.

En Boimorto, o Festival de la Luz, organizado pola cantante Luz Casal, celebrará unha nova edición. Este ano, o evento contará coa participación de artistas nacionais como Luz Casal, Los Zigarros, Veintiuno, Sara Socas, Familia Caamagno, Fillas de Cassandra, así como La Orquesta Mondragón, Mago de Oz, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, El Kanka, Ortiga, Obús, Marlena, Coolnenas, Maximiliano Calvo e Satélite Salitre. A recadación das entradas desta nova colleita solidaria irá destinada á Asociación Agaela, que empregará os fondos para un programa de apoio psicosocial a enfermos de ELA e ás súas familias no seu fogar.

Por último, na parroquia de Bañobre, en Miño, celébrase a tradicional Romaría de San Paio do 23 ao 25 de agosto. Esta romaría incluirá unha ampla variedade de actividades, como festa infantil, DJ, romaría, descenso de carrilanas, feira de artesanía, sesión vermú, misas solemnes, e as actuacións de Carlos Manteiga e Xilo, Melchor e Dúo Crazy, Dúo Maracuyá, entre outros. Un evento que promete ser un punto de encontro para veciños e visitantes que desexen desfrutar dun ambiente festivo e tradicional.

Con esta intensa programación cultural, a fin de semana promete estar chea de eventos e actividades para desfrutar pola comarca da Coruña.

0.11730790138245