Que facer esta fin de semana do 11 ao 14 de xullo na Coruña e arredores?
Este fin de semana, do 11 ao 14 de xullo, a oferta cultural na comarca da Coruña estará protagonizada por música e festas tradicionais. Entre as nosas propostas recollemos festivais e concertos na Coruña e Boiro, así como unha feira medieval no corazón da comarca de Betanzos.
Sen dúbida, no verán a cousa vai de festivais. Do xoves 11 ao sábado 13 de xullo, o Parque de Bens da cidade da Coruña converterase no epicentro da música electrónica coa celebración do Festival Wake Up&Dream. Este ano contará coas actuacións de Gordo, I Hate Models, Fjaak, Lee Ann Roberts, Regal, Nina Kraviz, Paco Osuna, Elli Acula, Héctor Oaks, Marron, Parfait, Chelina Manuhutu e Fatima Hajji.
Por outra banda, en Boiro, na aldea de Valiño, celébrase o Bacanito Fest do venres 12 ao sábado 13. O evento musical contará cunha parrilla de 19 DJ’s, entre os que se atopan Mateo Abejera, Mateo Fajardo, Maqui, Lustres, Dumore e Recho.
Dentro do Festival Atlantic Pride, o xoves 11 actuarán nos Xardíns de Méndez Núñez: DJ 90 (ás 20.00 horas), Amoebo (ás 21.30 horas), Selena Leo (22.00 horas), Vengaboys (23.00 horas) e DJ 90 (ás 00.00 horas).O venres 12 de xullo, Nena Daconte (22.30 horas) presentará en directo o seu último disco, 'Casi Perfecto', co que reivindica o seu pasado máis pop-rock en temas en torno ao amor, o desamor, a soidade e o paso do tempo. O sábado 13 de xullo actuarán nos Xardíns de Méndez Núñez: Mondra (21.15 horas), Chanel (00.00 horas), Nebulossa (22.45 horas) e La Eterna (20.30 e 00.00 horas). O domingo 14 de xullo, tamén nos Xardíns de Méndez Núñez actuarán o Coro Corés (20.30 horas), Lucía Pérez (21.30 horas), Las Ketchup (22.00), Raúl (22.30 horas), Rosa López (23.00)e DJ Flashback (23.15).
Ademais, o Peirao de Batería da Coruña acollerá este sábado 13 o concerto de Robe Iniesta, exlíder do célebre grupo de rock español Extremoduro, como parte do ciclo de concertos Coruña Sounds. O cantante volve á cidade herculina presentando o tour 'Ni santos ni inocentes', un ano e medio despois de actuar no Coliseum coa súa xira 'Ahora es Cuando'.
Non moi lonxe, ese mesmo día, actuarán no Coliseum Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa. A música latina será a protagonista deste concerto dobre no estadio coruñés. Juan Luis Guerra deleitará ao público cos temas de bachata dominicana recollidos na súa xira 'Entre mar y palmeras', mentres que Gilberto Santa Rosa o fará con salsa, baladas románticas e boleros.
Deixando de lado as actuacións musicais, esta fin de semana celébrase a esperada Feira Franca Medieval de Betanzos, que celebra o seu 25 aniversario e que, por primeira vez, amplía a súa duración a catro días (do xoves ao domingo). As rúas do casco histórico albergarán uns 140 postos de artesanía e comida. Tamén haberá música, actuacións e actividades para os cativos.