Publicadas as listaxes definitivas das subvencións para comedores escolares de Oleiros do curso 2024/2025

ACoruñaXa
As familias beneficiarias recibirán axudas de ata o 100 % do custo do comedor escolar segundo a súa renda familiar
Imaxe recurso dun comedor escolar
6 sep 2024

O Concello de Oleiros publicou as listaxes definitivas das persoas beneficiarias das subvencións para comedores escolares do curso 2024/2025, tras a finalización dos prazos ordinarios e extraordinarios para a presentación das solicitudes e a revisión dos expedientes por parte da Comisión de Valoración.

As axudas cubrirán o 100 %, o 60 % ou o 40 % do custo do comedor, dependendo da renda familiar. As familias beneficiarias comezarán a percibilas desde o inicio do curso escolar. Para calquera consulta ou dúbida, pódese acudir ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

As listaxes poden consultarse a través da seguinte ligazón.

0.10458087921143