Programación das Festas na Regueira 2025
ACoruñaXa
Oza-Cesuras celebra dous días de actos relixiosos e musicais en agosto

6 Aug 2025
A Regueira, en Oza-Cesuras, acollerá durante o mes de agosto unha nova edición das súas festas tradicionais. O primeiro día, venres 15, arrincarán os actos coa celebración da misa ao mediodía, seguida dun vermú animado pola cantante Aixa Romay.
Unha segunda xornada terá lugar o domingo 24, na que tamén se oficiará a misa ás 13:00 horas. Para pechar a festa, pola tarde celebrarase un vermú acompañado dunha verbena coa actuación de Judith Cundíns, que promete poñer ritmo á tarde.