Preto de 400 participantes baten récord na primeira proba da Liga Galega de Orientación a Pé

ACoruñaXa
Con mapa e brúxula na man, corredores e corredoras enfrontáronse a un esixente percorrido en plena natureza
Prueba-orientación-2
15 Feb 2025

O monte de A Zapateira acolleu este 15 de febreiro, a celebración da primeira proba da Liga Galega de Orientación a Pé, organizada polo club Gallaecia Raid coa colaboración do Concello de Culleredo. A proba reuniu a preto de 400 participantes de diferentes categorías, todo un récord para este tipo de competición.

Os participantes dividironse en nove categorías masculinas, nove femininas e dúas de iniciación (curta e longa), atendendo á idade e ao percorrido a realizar por cada un deles. Así, cun mapa e unha brúxula na man, os corredores e corredoras enfrontáronse a un esixente percorrido en plena natureza que combinou aventura e emoción a partes iguais.

A proba deu comezo ás 10.30 horas da mañá e concluíu ás 13.30 horas, cando se celebrou a entrega de premios ás e aos participantes das categorías Sénior. A entrega de premios contou coa participación da concelleira de deportes, Cristina Pardo, quen felicitou aos corredores e corredoras polo seu esforzo e dedicación; o edil de Comercio, Mario Iglesias; e a presidenta da Federación Galega de Orientación, Sonia Gómez.

Na categoría Sénior Masculina os primeiros clasificados foron Martín Casado Núñez do OP BETANZOS (59:02), Felipe Peña Pita do Gallaecia_Raid Culleredo (1:00:28) e Borja Varela Paz do COCO A Coruña (1:05:03).

Na categoría Sénior Feminina as tres primeiras clasificadas foron Olalla Bello Rodríguez do OP BETANZOS (1:01:02), Eva Casado Núñez do OP BETANZOS (1:04:56) e María Piñeiro Varela do ARTABROS A Coruña (1:07:42).

0.15947604179382