Preto de 300 participantes citáronse no Campionato de Combate en Oza-Cesuras

O Concello de Oza-Cesuras vén de acoller unha emocionante xornada de deporte e competición no Campionato Galego Cadete e Xunior, reunindo preto de 300 participantes. O evento destacou polo alto nivel dos deportistas e polo espírito de esforzo e superación mostrada en cada combate.
"Queremos felicitar a todos os participantes polo seu compromiso e dedicación, así como dar os parabéns aos gañadores que levaron os trofeos nesta competición tan especial", sinalan desde o Concello.
No Campionato Galego Cadete e Xunior, con preto de 300 participantes, o Natural Sport de Ribeira gañou en ambas clasificacións xerais. O club KWON destacou con segundos e terceiros postos.
A representación local tamén tivo un papel relevante na competición. Tres deportistas de Oza-Cesuras competiron a gran nivel: Sofía Parga acadou o subcampionato galego na categoría cadete, Valentín Parga fíxose coa medalla de bronce en xunior, e Emma García chegou ata os cuartos de final.
A concelleira de Deportes, Carmen Barreiro, foi a encargada de entregar as medallas aos gañadores, nun acto que supuxo un momento de orgullo e recoñecemento para todos os deportistas.