Preséntase en Portas Ártabras unha obra sobre a orixe e significado dos nomes de lugar de Galicia

O vindeiro xoves 20 de marzo, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá a presentación do libro "A Toponimia dos Celtas Brigantinos e doutros pobos da Gallaecia", obra do investigador Fernando Cabeza Quiles. O acto contará coa introdución do historiador da cultura galega Felipe-Senén.
O libro, publicado por Espiral Maior Edicións, afonda na toponimia máis antiga e enigmática dos "brigantinos", sen deixar de lado as influencias doutros pobos celtas que habitaron a antiga Gallaecia. Trátase dunha obra de investigación predominantemente filolóxica que presenta propostas innovadoras e ata o de agora inéditas sobre a orixe e significado dos nomes de lugar da nosa terra.
Fernando Cabeza Quiles, recoñecido a nivel internacional polo seu traballo en toponimia e cunha traxectoria de máis de 30 anos neste eido, logra nesta obra unha síntese divulgativa e rigorosa sobre a presenza celta na rexionalidade galega. O seu estudo centra especial atención na rexón de Bergantiños, mais abrangue todo o territorio galego. A entrada ao evento é libre ata completar aforo.