Presentación do libro de Rafael López Loureiro en Portas Ártabras
O espazo de Portas Ártabras dos Amigos dos Museos de Galicia na Cidade Vella da Coruña acollerá este xoves 4 de abril a presentación do último libro de Rafael López Loureiro editado por Edicións Embora, titulado 'O primeiro naturalista'.
A obra, un ensaio do investigador e divulgador Rafael López Loureiro, recén editado, é unha mostra de abraio polo labor de Martín Sarmiento (un home único e irrepetible, traballador infatigable, imaxinativo, un inxenuo proxectista de utopías, un urbanita ilustrado, galeguista e naturalista) escrita con talento e sentido do humor. Unha reivindicación, tamén, do Día do Naturalismo Galego.
O evento de presentación do libro terá lugar ás 20.00 horas e o escritor será presentado polo biólogo e ornitólogo, Damián Romay Cousido.